Quenda 4. Día 8. Voando a Nunca Xamais

Quenda 4. Día 8. Voando a Nunca Xamais

Hoxe amañecermos transportados maxicamente ao país de Nunca Xamais, e imos coñecendo as súas fantástica xentes que o poboan: sereas, indios, piratas e máxicas criaturas. A acción comezou con pintorescos bailes da cultura pirata.

E aprendemos a voar como Peter Pan! Alguén debeunos de botar po de fadas porque hoxe deslizámonos pola tirolesa … e que se non é exactamente voar, pois parécese moito! Vaia subidón de adrenalina!.

E a piscina non podía faltar para un día tan completo que compartimos coas sereas de Nunca Xamais pero afortunadamente non co crocodilo, a quen non se lle veu en todo o día!

Ademais pola tarde tivemos a especial visita especial do Galego Campa, un programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destinado a favorecer o uso do galego nos campamentos de verán no que falamos das experiencias vividas e as emocións que nos tocou vivir neste último ano e pico.

Os piratas colleron de refén ao piloto do noso avión para impedir que nos fóramos, así que pola noite tivemos un “escape game” onde había que desentrañar enigmas para sair dunha habitación librar o piloto e recuperar as pezas roubadas do avión co que voltar de novo a Entrimo.