Arrancamos nova, e última, quenda na instalación e imos sacarlle todo o zume ao que queda de verán dándoo todo. Nesta ocasión as nosas pequenas e pequenos serán os aspirantes a converterse nos novos deuses do Olimpo e terán que ir vivindo diferentes experiencias e pasar diversas probas para demostrar a súa valía a relevar así as deidades que hoxe reinan no monte celestial.

Hoxe foi un día para coñecer as compañeiras e compañeiros de aventuras para estes próximos 10 días e que mellor xeito de facelo que a través de xogos e divertidas dinámicas.

Tamén houbo un tempo para coñecer os distintos recunchos da instalación e por suposto o que máis interese espertou entre a rapazada foi a nosa piscina, que tiveron a oportunidade de catar durante a pertinente proba de natación, que todos superaron de xeito sobresaínte.
Que os Deuses e Deusas desfruten do campamento e do entorno así como do primero día entre novos amigos