Quenda 5. Día 3. Unha festa escura e luminosa á vez

Quenda 5. Día 3. Unha festa escura e luminosa á vez

Hoxe o día adicámolo ao Samaín, una festa que as veces luce lúgubre pero que aquí luciu dun xeito máis colorista que nos parecía máis apropiado para a celebración da vida.

Mañá e tarde estiveron capitalizadas polas rotacións, que lles permiten aos nosos pequenos e pequenas probar a coñecer a variedade de actividades que se inclúen no programa. Así pois tivemos actividades de teatro, circo, expresión corporal e escalada pechando o círculo pola que xa pasaron toda a rapazada que xa pasou por todas elas.

Por suposto, tamén quixemos aproveitar ben a piscina xa que a previsión meteorolóxicas para os próximos días igual non nos deixa ocasión de gozar dela como é debido, incluídos deportes acuáticos.

Na noite tivemos que aplicar as nosas dotes detectivescas para resolver un misterio a través dunha sucesión de engimas que houbo que resolver esforzando os miolos ata o límite!.

5 Comments

  1. Maria

    Que bien lo estan pasando! Genial!

  2. Ana

    Gracias por ir contando lo q hacen nuestros niños!

  3. angeles

    Más fotos, porfa!!!
    y gracias

  4. Rebeca

    Que pasó el día 4 y 5? No vemos esas entradas…

Comments are closed