Hoxe celebramos a vida, a alegría e o amor que as cores representan, unha variedade cromática que esperta a nosa ledicia e acende o noso corazón. Así que hoxe foi un día para vestir de xeito colorido, pintar o corpo e cantar e bailar sen parar durante boa parte do día e ata mesmo na noitiña!

Pero ollos, hai uns seres grises polo mundo que queren roubarnos as cores deixándonos sen as cousas boas da vida. Para afastarnos deles fomos ao río, onde entre o ruído das augas e o son dos animais da natureza non serían capaces de atoparnos.


Disfrutamos moito do baño e de explorar diferentes recunchos polo leito e ribeira do Río Agra.




E como era o días da cores, que mellor xeito de celebralo que pintándonos todo o corpo. Xa se encargará o xabón na ducha de renovarnos.

Pola noite a velada foi moi especial e consistiu en recuperar a luz que os seres grises nos roubaran. Houbo que ser moi áxil e discreto para atopar as barras de luz esparexidas entre as tebras por todo o campamento mentres evitabamos que esas sombras deran nos nos e nolas roubaran de novo. Ao final démonos conta de como inflúen as cores no noso estado de ánimo e deixamos unha fermosa mensaxe coas barras de luz recuperadas mentres nos lían un lindo conto.

