Quenda 5. Día 5. Excursión a Ponte do Crego.

Día especial para os nenos e nenas de Pequechos Aventura, pois pola mañá fixemos unha excursión ata a Ponte do Crego na que puidemos ter a oportunidade de coñecer un pouquiño o entorno natural próximo á instalación, ademáis de desfrutar dun pícnic nun sitio moi bonito e pegarnos un chapuzón no río.

A chegada á instalación tíñanos gardada unha sorpresa, a tarde de aventuras!!, na que os nenos e nenas o pasaron en grande facendo unha serie de actividades e xogos!.