Tanto gustou a excursión ao río do outro día que hoxe quixemos facer unha nova expedición aló para pasar toda a xornada de novo nun lugar que nos permite gozar tanto do aire libre, bañarnos nas súas pozas de mansas augas con pequenas cascadas.







Pero tamén había frescas sombras que eran un escenario perfecto no que probar novos xogos, realizar elaborados deseños sobre a pel a xeito de tatuaxes, facer trenzas ou pulseiras, descubrindo a incrible fauna de macroinvertevadros do río, … ou simplemente charlando e mentres descansas mollando os pes na beira.


Ah!, e tivemos unha magnífica carreira de barquiños rústicos feitos con pao e fíos que foi do máis emocionante.

E xa no campamento a festa que recreamos hoxe foi a do Entroido, na que os rapaces empregaron seus disfraces ou improvisaron outros dun xeito moi imaxinativo e con resultados moi cómicos e divertidos. A noite adicámola a redescubrir os nosos sentidos e emocións, e para rematar observando una magnífica noite estrelada cun magnífico ceo despexado.
