Quenda 5. Día 6. Seguimos coas rotacións.

Últimos días para os nenos e nenas do campamento xuvenil de Pontemaril, nos que nos atopamos con máis ganas que nunca de desfrutar a tope do tempo que nos queda aquí. Hoxe foi día de rotas, e puidemos desfrutar das actividades de Circo-escalada, probando a tirolina na que todos e todas pasan un momento xenial, bicicleta, circo-escalada outra vez pola tarde e sendeirismo.