Quenda 5. Día 7. Pasado por auga

Quenda 5. Día 7. Pasado por auga

Tivemos un día bastante intenso cheo de retos e competicións desbocados no que nos sumiu a ambientación sobre o poder do consumismo na festa de compras do “Black Friday”. Moi divertido pero cunha ollada crítica que ao final do día deu para que a rapazada sacara unhas reflexións do máis interesantes.

Tivemos a visita dunha chuvia lixeira pero moi persistente que nos estivo a molestar todo o día e algunhas actividades tiveron que ser a cuberto. Aínda así esta rapazada non perdeu nin un chisco de ánimo e estiveron a tope todo o día, rebordantes de enerxía e facendo que esta xornada fora posiblemente unha das máis atípicas e divertidos. E ata algúns tiveron a ousadía de bailar baixo o chispeo da choiva! Se iso non é ánimo, non sei que será!

Esta meteoroloxía tan pouco desexada tamén nos deixou un ceos grises pero cunha combinación cromática moi estética nalgúns momentos, e tamén tivemos a oportunidade de ver algún fermoso arco da vella.