Quenda 5. Día 8. Viaxe no tempo e polas nubes

Quenda 5. Día 8. Viaxe no tempo e polas nubes

Nesta ocasión os deuses viaxamos no tempo cunha máquina para ver o futuro, pero oh, non! Equivocámonos e volvemos moi atrás no tempo e acabamos nos tempos do imperio romano!. Afortunadamente ao final do día logramos regresar ao noso tempo para gozar do pouquiño tempo que nos queda de campamento.

A a viaxe a través das nubes foi por medio na tirolesa, que nos permitiu experimentar o subidón de adrenalina que supón asomarse aos 9 metros de altura do noso rocódromo antes de saír deslizándonos voando entre as copas dos piñeiros. Unha viaxe duns segundos, tan breve como intensa

Tempo tamén para os últimos ensaios, darlle un pequeno repaso ao guión da función ou preparar decorados. Que gañas temos de velo todo mañá enriba do escenario!

Deportes como o “ninja”, “espeguetti” ou “flúa” non os verás nas olipiadas pero si están nos fabulosos campionatos dos Penedos de Xacinto. Foron moi disputados e todos os grupos animaron a tope aos seus compañeiros e aceptaron con aplausos ás gañadoras, foran ou non do seu grupo. Así da gusto!

Xa pola noite, para arreglar a máquina do tempo, que escangallou un científico palleiro de todo, houbo que afanarse nun xogo moi especial para recuperar as pezas e poder salvarnos e voltar de novo ao presente.

1 Comment

  1. Almudena

    Cuantas nuevas experiencias!!!! Gracias por compartirlas con las familias 🙂

Comments are closed