Quenda 5. Día 9. Graduación

Quenda 5. Día 9. Graduación

E chegamos ata as portas do final desta marabillosísima experiencia e como non podía ser doutro xeito, graduáronse na academia de deidades todas as persoas aspirantes, pequenas de tamaño pero grandes de corazón e cun luminoso sorriso.

A xornada estivo repleta de momentos memorables e botamos moito en falta todas aquelas que tiveron que marchar prematuramente. Non nos esquecemos de vos e estades aínda moi presentes nos nosos corazóns.

Moita auga para a despedida cunha xincana húmida e varios momentos para despedirnos da nosa amada piscina.

Día tamén de actuacións de cada un dos grupos coas súas graciosas actuacións que incluían algúns dos valores cos que traballamos ao longo desta quenda, na que tamén houbo actuacións das monitoras e monitoras cos guións que lles preparou a rapazada.

E na festa final unha chea de divertidos postos e por suposto con música repasando os variados “actívates” cos que arrancabamos cada xeira de actividades matinais.

E como non, todos superaron o curso para ser as novas deidades, porque son todas e todos un ceo! e recibiron o seu diploma de graduación. Aquí temos unha foto da promoción coa súa persoa de referencia.