Quenda 5. Día 5. Un ceo de estrelas

Quenda 5. Día 5. Un ceo de estrelas

E xa chegamos á metade da nosa aventura e xa o cansazo vai asomando, e por iso hoxe estivemos un anaquiño máis na cama e fomos a almorzar en pixama. Como prestaron eses minutiños máis no saco de durmir!

O teatro e especialmente o circo, con malabares e equilibrios, foron novamente eixos centrais na programación do día que foron unha oportunidade para botar unhas boas risas na compaña dos amigos e amigas que estamos a facer neste viaxe de verán ao longo do fío condutor das múltiples mitoloxías e festexos.

E por suposto, a piscina! Nunca pode faltar. aínda que teñamos un tempo un pouco raro e o astro sol estivera a xogar as agochadas entre as nubes a cada pouco, sempre hai fanáticos entre os nosos pequenos que non deixan pasar a oportunidade de darse un longo mergullo.

Tamén comezaron os preparativos para a gran actuación final na que por a proba os coñecementos teatrais adquiridos e xa comezamos a traballar no guión e “atrezzo” de cada peza.

Despois dunha impresionante posta en escena, hoxe os deuses celtas nos propuxeron recuperar as estrelas perdidas mentres que os tardos, uns trasniños divertidos pero moi pillos, trataban de roubárnolas.

1 Comment

  1. angeles

    Gracias por las fotos

Comments are closed