Quenda 6. Día 1. Comeza a aventura!

Día 1 e toma de contacto para os nenos e nenas do campamento de Pontemaril, día para coñecer a instalación e coñecer tamén aos nenos e nenas que, en 8 días se convertirán nos seus amigos e amigas.

Pola mañá fixemos unha serie de xogos e actividades como toma de contacto e a tarde dedicámola a facer a proba de nado e uns xogos con auga para loitar así contra o calor que facía.