Día para comezar a ter contacto coas actividades de rotación, neste caso tivemos a ocasión de desfrutar de bicicleta, xogos predeportivos, kaiak polo e pirauga.
Aínda que o día non era espléndido e non facía tanto sol como nos gustaría, pasámolo en grande en todas e cada unha das actividades que realizamos!! Estamos desexando que vaian pasando os días para ir probando cousas novas!




