Quenda2. Día 2. Calor? quen di calor?

Hoxe comezamos coas actividades máis características deste campamento, tanto da súa parte artística, con circo, teatro e expresión corporal, como a deportiva, onde a escalada e cinta de equilibrios tiveron gran protagonismo.

Tamén tivemos na tarde uns xogos cooperativos nos que descubrimos o poder de traballar en equipo que nos deu pé a moitas risas.

O termómetro di que estamos en plena vaga de calor pero nos case nin conta nos demos porque pasamos a metade do día moi entretidos e a outra parte ben mollados, onde a piscina sempre ten un papel protagonista.

Sempre atopamos unha boa escusa para remollarnos! A xincana de auga desta parte, con probas do máis diverso, foi unha boa proba delo, aínda que as veces tamén nos emporcabamos un chisquiño, pero nada que non quitara unha boa ducha!

E para finalizar o día, unha velada onde a rapazada deberá axudar a 5 superheroinas e superheroes a recuperar as pedras de poder que uns seres escuros lles roubaron, O conseguirán?

5 Comments

  1. Iria

    ¡Genial! Parece que se lo están pasando fenomenal, y sobrellevando el calor de forma divertida. ¡A disfrutar!

  2. Carolina

    Que pintaza de actividades!!
    Moitíísimas grazas por entreter aos cativos tan ben!!

  3. Iria S

    Que divertido!!! Gracias por las fotos y los vídeos, de les ve genial 🙂

  4. Ana

    Moitas grazas!! E un pracer ver cómo xogan, como se relacionan e o sorriso nas suas caras.

  5. Noa

    Que marabilla! que ben o pasan!

Comments are closed