
Algunhas veces pola nosa conta, e outras en colaboración con outras entidades, desenvolvemos un amplo abano de actividades de diversa índole, todas relacionadas cos nosos principios e a nosa experiencia e cualificación.

Escola de Tempo Libre
Cursos oficiais, homologados pola Xunta de Galicia, nos que formamos a profesionais do tempo libre para que desenvolvan a súa actividade cunha perspectiva educativa, transformadora e con ilusión e paixón polo que fan.

Excursións e Campamentos
Actividades de ocio educativo, poñendo o foco sempre na educación en valores, a convivencia e o contacto coa natureza. Tanto nos distintos períodos de vacacións escolares coma durante o curso, traballamos con escolas, concellos e outras agrupacións.

Formación e Facilitación
Contribuímos á formación e facilitación de grupos para acompañalos nos seus procesos reflexivos. Dinamizamos espazos grupais para fomentar a creación de novos proxectos e colaborar no desenvolvemento de xuntanzas efectivas e amenas.

Ocio Alternativo e Grandes Xogos
Ofrecemos alternativas de ocio de calidade, con xogos traídos de veladas de campamento, Escape Games, xogos de misterio e rol en vivo, para pequenas ou maiores. Podes consultarnos para os teus eventos en particular.

Deseño e Xestión de Proxectos
Deseñamos e executamos proxectos de principio a fin, xestionando axudas e subvencións para as entidades beneficiarias (asociacións, ANPAS, escolas, empresas…). Entre outros, elaboramos proxectos dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Dinamización Turística
Dinamizamos programas de activación turística, pondo en valor o patrimonio natural e cultural de Galicia, e propoñendo actividades de ocio innovador. Temos a experiencia de xestionar un programa Xuventur da Xunta de Galicia.

Equipos de Coordinación de Actividades
Se tedes en marcha un proxecto e precisades persoal con experiencia para desenvolvelo, o equipo Aventeira pode axudarvos. Todas contamos con cualificación oficial e experiencia en Dirección de Actividades de Tempo Libre.

Xestión Cultural
Coordinación cultural de proxectos e instalacións.
Temos o reto de desenvolver a coordinación cultural do arquipélago de San Simón. Un espazo privilexiado e un equipamento excepcional, ao servizo da cultura galega.

Mobilidade Xuvenil
Xestionamos proxectos internacionais de mobilidade xuvenil, como Galeuropa ou Erasmus+. Encargámonos de que a experiencia estea ben organizada e sexa enriquecedora para os e as súas protagonistas, tanto a nivel persoal como profesional.

Outros proxectos
Estamos en permanente indagación e exploración de ideas! Os obradoiros educativos para escolares, as experiencias de participación e diálogo estruturado ou a promoción da economía social son algúns dos eidos que tamén nos interesan e nos que traballamos.