Slide
Deseño e Xestión
de Proxectos

Elaboramos proxectos en tódalas súas fases, dende a idea inicial ata a execución e xustificación. Encargámonos da creación e posta en funcionamento de eventos culturais, deportivos, educativos ou sociais. Sempre en coordinación e cumprindo os obxectivos e demandas específicas das entidades coas que colaboramos, podemos ocuparnos da xestión integral ou soamente das necesidades específicas a demandas.

Subvencións, concursos, proxectos de iniciativa propia ou calquera outro formato de actividades teñen cabida en Aventeira. Se precisas información e axuda co teu proxecto ponte en contacto con nós.

Tamén ofrecemos a colaboración na xestión de axudas para actividades de xénero, concienciación ambiental ou dinamización xuvenil, en colaboración con asociacións, ANPAS, concellos, etc.

Tivemos a sorte de poder realizar un proxecto en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, Camiño de Superación, no marco do programa “O Teu Xacobeo”, da Xunta de Galicia.

Podes acceder aos contidos xerados deste proxecto na canle de youtube do Camiño de Superación.