Coordinación
de Actividades
Slider

As persoas profesionais que conformamos Aventeira somos todas directoras e directores de actividades de tempo libre. Ás nosas costas levamos o privilexio e a experiencia de ter traballado moitos anos no sector da educación non formal. Ao longo deste tempo exercemos labores de monitorado, dirección e coordinación de campamentos e doutras actividades de tempo libre, organizadas dende o sector público, o privado e tamén dende o terceiro sector. Así, traballamos nos campamentos e nos campos de voluntariado da Xunta de Galicia, en diversas actividades desenvolvidas por empresas e tamén fixemos voluntariado en asociacións e ONG con presenza no sector do tempo libre.

Estamos moi agradecidas da rede coa que contamos hoxe en día, da que forman parte un gran número de profesionais, con perfís e especializacións diversas, do ámbito da educación non formal e do lecer, que poden formar parte dos nosos equipos de traballo.

Se a túa entidade precisa profesionais para levar a cabo una actividade non dubides en poñerte en contacto con nós.

Lembrámosche que tes máis información sobre o noso equipo neste apartado da web.