Excursións e
Campamentos
Slider

Ocupámonos de desenvolver tódalas fases que supón a organización de excursións e campamentos. Facémolo para concellos, centros de ensino e outras entidades que estean interesadas.

Concibimos este tipo de actividades non só como alternativas de ocio saudable para a infancia e a xuventude, senón tamén como espazos para a convivencia, o contacto coa natureza e a educación en valores.

Estas actividades adoitan predominar no verán, mais nós mantemos a oferta en períodos fóra da época estival, tales coma o Nadal e a primavera, tratando de cubrir unha necesidade social en expansión.

Prestamos especial atención á ambientación destas actividades polo que, a maiores dos contidos lúdicos e educativos, os e as participantes estarán inmersas en mundos fantásticos, o que contribúe a unha mellor integración das persoas nas actividades.

Para colexios, temos abertas as opcións de minicampamentos, excursións de un día a diferentes zonas de interese da xeografía galega e actividades no propio centro.