
Campamentos
Esta primavera de 2022 Aventeira organiza, en periodo de vacacións escolares, o Campamento de Primavera Aventura na Natureza.

O que?
Trátase dun campamento de primavera no rural, unha convivencia chea de actividades na natureza durante as vacacións escolares de primavera.
Para quen?
Esta campamento está destinado a rapazada de entre 7 e 13 anos. Haberá actividades conxuntas e outras divididas por grupos de idade.
Cando?
Terá lugar nas vacacións de Semana Santa, concretamente do domingo 10 ao xoves 14 de abril do 2022. A entrada será o domingo ás 18:30 e a saída o xoves ás 13:30.
Para que? – Obxectivos do campamento
- Gozar duns días de aprendizaxe colectivo ao aire libre e na natureza.
- Contar con momentos de lecer activo e de convivencia con outra rapazada.
- Coñecer a vida no rural, as súas costumes e vantaxes.
- Ter unha primeira aproximación á vida de campamento e ás experiencias fora da casa.
Onde?
No centro de educación medioambiental EQUAL, no Concello de Coles, Ourense. O aloxamento será en albergue.
Que se vai facer?
- Actividades de educación ambiental.
- NaturArte
- Ruta de sendeirismo interpretativa da flora, fauna e rastros animais
- Recoñecemento de plantas aromáticas
- Obradoiro de cociña
- Tiro con arco
- Malabares e slackline
- Obradoiro de orientación
- Veladas nocturnas
- Grandes xogos
Canto?
220 € para as inscricións realizadas ata o 25 de marzo, e 245 € ata o 5 de abril.
OLLO! O custe da actividade é susceptíbel de ser financiado a posteriori polo Bono Coidado da Xunta de Galicia unha vez sexa convocada a súa edición 2022. Podes consultarnos sobre este tema.
Que inclúe?
- Aloxamento
- Pensión completa dende a cea do domingo ata o almorzo do xoves
- Material
- Actividades
- Monitorado experto na dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil
- Seguros de responsabilidade civil e de accidentes
Outra información
Para que o campamento se poida leva a cabo é necesario cubrir un mínimo de 30 prazas.
O monitorado do campamento conta con formación específica en dinamización de actividades e coidados de persoas con celiaquía e diabetes. Formación impartida e recoñecida pola Federación Galega de Asociacións de Persoas con Diabetes (FEGADI).
Inscricións
- Ingresa o prezo íntegro (220€ ou 245€ segundo o prazo) na conta de Triodos ES61 1491 0001 2630 0011 1277. Concepto: “Campamento Primavera + Nome e apelidos da persoa participante”. Esta cantidade se reembolsará na súa totalidade no caso de que non se puidese realizar o campamento porque non se cubrisen as prazas mínimas.
- Cumprimenta este formulario.
- Recibirás a confirmación de praza no correo-e indicado no formulario de solicitude.
Máis información
No correo electrónico: aventeira@aventeira.com e nos teléfonos 722 349 489 e 722 349 490.
Agardámoste