Quenda 1. Día 7. Tirolesa, por fin!

Tivemos un día moi acuático, con deportes de auga na piscina. que a estamos aproveitando moito estas xornadas que están sendo moi calorosas.

Pero hoxe estivemos de estrea coa tirolesa, que é un excelente final para a actividade de escalada. Impresiona un pouco estar alí arriba e deixarse caer, pero con moito ánimo por parte de todos, ao final todos e todas se deixan deslizar polo cable para sentir o subidón de adrenalina sen máis empurrón que a palabras de ánimo das súas compañeiras e compañeiros.

E mentras agardas o teu turno podes entreterte xogando ao “ninja” que se está volvendo do máis popular!

O noso equipo de xornalistas do campamentos nos deixaron tamén a súa crónica dende a súa particular ollada: