Quenda 1. Día 6. Visitiando a vila de Entrimo

Hoxe visitamos a vila que tan ben nos está acoller e percorremos a súas rúas e carreiros e coñecemos a súa amable veciñanza. Para descubrir seus encantos dividímonos en grupos e fixemos un xogo de intercambios que levounos a conseguir recompensas moi curiosas. Tamén tivemos a oportunidade de coñecer o centro de visitantes da Porta de Entrimo do Parque Natural de Baixa Limia e Serra do Xures ou a Igrexa barroca de Santa María a Real, cunha impresionante fachada.

Foi unha boa camiñada, tanto para ir como na volta, pero tamén foi unha oportunidade para ollar a natureza que nos rodea.

Tamén tivemos momentos de relax, tomándonos un xeado ou un refresco e un tempo para estar cos amigos de relax e enredando coa súas cousas.

E xa a noite, a asemblea, onde valoramos como foi o día e falamos sobre os temas que nos interesan e tomar algunhas decisións de xeito colectivo.

O equipo de acampados que contribúen a alimentar este blog deixáronnos tamén esta peza gráfica que resume moi ben como sobrevivir ao calorazo que estamos a experiementar: