Slide
Ocio
Alternativo

Grandes xogos teatralizados sobre cultura e lingua galega

Co fin de promover o uso do galego entre a infancia e a mocidade, así como de poñer en valor o patrimonio cultural da nosa terra, lanzamos, no marco da Rede de Dinamización Lingüística, e coa financiación do Fondo Xacobeo, o programa Vive a Lingua, composto por dous xogos diferentes:

a) A casa do Mago (8-12 anos): Meigas, trasnos e outras personaxes mitolóxicas precisan do Mago para solucionar os seus problemas… Pero o Mago non é quen de arranxalos sen a axuda dos nenos e nenas participantes!

Xogo de pistas no que, en grupos, as participantes terán que realizar distintas probas acompañadas das variopintas personaxes teatralizadas por monitores e monitoras.

b) O misterio das pantasmas (13-17 anos): Algo está a facer que os homes e mulleres que foron importantes para a historia da lingua e a literatura galega non poidan descansar en paz! Que estraño misterio está a perturbar o seu descanso?

Xogo de investigación no que a rapazada terá que resolver enigmas, descifrar códigos e, sobre todo, interactuar coas diferentes personaxes históricas para acceder á información e resolver o misterio.

Cada un dos xogos terá lugar en 5 cidades ou vilas diferentes, en distintos puntos de Galicia. 

  • 01/11. Vigo. Museo do Mar. 12:00-13:30 (infantil) 17:30-19:00 (xuvenil)
  • 06/11. Ames. Pazo da Peregrina. 16:00-17:30 (infantil) 18:30-20:00 (xuvenil)
  • 13/11. Ferrol. Praza Marqués de Amboaxe. 16:00-17:30 (infantil) 18:30-20:00 (xuvenil)
  • 26/11. Oleiros. Pista Polideportiva II República. 16:30-18:00 (infantil) 19:00-20:30 (xuvenil)
  • 01/12. Pereiro de Aguiar. CEIP Ben-Cho-Sey 17:00-18:30 (infantil) 19:00-20:00 (xuvenil)

Aínda que a actividade é gratuíta, si que pedimos que se formalice unha inscrición previa para saber con anterioridade o número de participantes e non superar as 40 prazas para cada unha das actividades.

Podes inscribirte ti mesma ou anotar un grupo. Tan só necesitamos o número de participantes que virán e os datos de contacto da persoa responsable.

Aclaramos que, durante a actividade, os e as menores participantes estarán a cargo dos monitores e monitoras responsables, e polo tanto non precisarán supervisión adulta das súas familias, titores ou acompañantes de calquera tipo.

En caso de cancelación, aprazamento ou cambio de localización dalgunha actividade por razóns climatolóxicas, poñerémonos en contacto con todas as persoas inscritas para notificalo.

Programa  financiado pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, no marco do Fondo Xacobeo 2021. Colaboran os concellos de Ames, Ferrol, Oleiros e Pereiro de Aguiar, así como o Museo do Mar (Vigo).