Xogo de cartas de temática “campamentil”. Seredes quen de sacar adiante todos os campamentos antes de que remate o verán?
Campa é o xogo do verán… literalmente! Neste xogo de cartas as xogadoras e xogadores póñense ao cargo de diferentes entidades que, chegado o mes de xullo, teñen un único obxectivo: sacar adiante todos os campamentos posibles antes de que remate o verán!
O obxectivo de cada xogador ou xogadora é ter, ao final da partida, o máximo número de puntos posibles. Os puntos obtéñense dos campamentos que, ao final de cada rolda de xogo (chamadas meses), estean en marcha. Para iso, as xogadoras e xogadores terán que xuntar todos os compoñentes para poñer en marcha os campamentos e mantelos en marcha ata final de mes, ao tempo que impiden ou dificultan que os e as rivais o fagan.
Cada partida dura tres roldas, cada unha dunha duración aproximada de 10-15 minutos, e correspondentes aos meses de xullo, agosto e setembro. Cando setembro finaliza, o xogador ou xogadora que máis puntos ten gaña a partida.
Neste vídeo podes ver, en poucos minutos, como se xoga a Campa.
A creación de Campa foi posible grazas a unha campaña de micromecenado a través da plataforma VERKAMI. Se non obtiveches o xogo en campaña, e tes interese en conseguir un, non te preocupes! Estamos actualmente falando con diferentes tendas especializadas para que sexan elas as que fagan a distribución. Por agora sabemos que está dispoñible en Júpiter Juegos (Ourense). En canto haxa máis distribuidoras irémolo anunciando.
O xogo de mesa Campa conta cun financiamento parcial da Deputación de Pontevedra a través das súas SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES CULTURAIS SEN FINS DE LUCRO PARA AS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO ANO 2021.
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |