Aventeira 360

Proxecto de fortalecemento e consolidación da nosa cooperativa, cofinanciado pola UE a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e xestionado por CEPES no marco do Programa EFESO.

Educando para
transformar a
realidade

Dende 2019 convertendo os valores en acción.

Quen somos?

Aventeira é unha cooperativa galega sen ánimo de lucro que impulsa procesos educativos, sociais e comunitarios baseados no xogo, a participación e os valores.

Nacemos en 2019 coa vontade de transformar a contorna a través de experiencias que conectan coas persoas; que fan pensar, sentir e actuar.

Iconos Sitio Web Aventeira

EDUCAMOS XOGANDO

Promovemos aprendizaxes vivas que conectan emoción, pensamento e acción.

Iconos Sitio Web Aventeira (1)

FACEMOS COMUNIDADE

Acompañamos a persoas e entidades para construír espazos máis xustos, igualitarios e inclusivos.

Iconos Sitio Web Aventeira (2)

TRANSFORMAMOS A REALIDADE

Deseñamos proxectos socioeducativos que xeran cambio, participación e benestar.

Liñas de Acción

Desenvolvemos proxectos no eido da educación, a igualdade, o lecer e a intervención comunitaria, acompañando a centros educativos, institucións e colectivos na creación de espazos xustos, inclusivos e sostibles.

Unimos aprendizaxe, diversión, rigor e creatividade para impulsar un cambio real nas persoas e comunidades.

Campamentos, Excursións e Turismo Activo

Organizamos campamentos, excursións e experiencias na natureza que fomentan a convivencia, a autonomía e o respecto polo patrimonio ambiental e cultural.

Impulsamos actividades dirixidas a infancia, mocidade e persoas adultas, combinando educación, lecer e turismo activo para promover o benestar, a vida en comunidade e o coñecemento do territorio.

Igualdade, Diversidade e Prevención das Violencias Machistas

Desenvolvemos proxectos socioeducativos e campañas de sensibilización para promover a igualdade e a diversidade afectivo-sexual e de xénero.

Así mesmo, creamos recursos e materiais pedagóxicos para previr e actuar fronte ás violencias machistas.

Mediación Escolar, Convivencia Positiva e Facilitación de Grupos

Acompañamos a centros educativos e entidades na creación de espazos de diálogo, participación e resolución pacífica de conflitos.

Á súa vez, formamos equipos de Mediación Escolar e facilitamos procesos grupais desde a Comunicación Non Violenta e o bo trato.

Participación, Cultura e Intervención Educativa con Infancias

Impulsamos procesos participativos que fortalecen a voz da infancia e da mocidade na vida comunitaria.

Tamén impulsamos iniciativas que poñen en valor a cultura e a lingua galega, fortalecen a identidade colectiva e contribúen á cohesión social.

Formación e Recursos Pedagóxicos

Deseñamos accións formativas e recursos pedagóxicos para profesionais, entidades e centros educativos.

Desde a Escola de Tempo Libre Aventeira impulsamos a formación e o crecemento profesional, a través de metodoloxías participativas, innovadoras e centradas na práctica educativa no eido do lecer.

Xeocámping Montañas do Courel

Xestionamos un espazo de aloxamento sostible no corazón do Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel.

Aquí, promovemos experiencias que conectan co patrimonio natural e cultural do territorio, favorecendo un turismo responsable, educativo e respectuoso coa contorna.

Confían en nós

Sobre Aventeira...

"Son moitas as características que lle dan a súa razón de ser a este equipo: empatía, sensibilidade, respecto, discreción, educación, entrega, altruísmo, responsabilidade, diversidade, igualdade, confidencialidade; en definitiva, PROFESIONALIDADE."
AECC Ourense
"Oxalá os colexios ofrecesen todo o que ofrece Aventeira, pero sobre todo que puidésemos aprender a súa forma de ensinar. Grazas por esta marabillosa experiencia. En canto á xestión, son incriblemente eficientes; a información é moi doada de entender e os métodos son moi sinxelos para garantir que todo funcione sen problemas."
Fabiana V.
“Para min foi unha sorte coincidir con Aventeira e poder iniciarme neste mundo da súa man. Grazas por pórlle ese cariño á formación e polo acompañamento que nos dades en todo o proceso. Atopar profesionais con tanto compromiso por abrir camiño e por crear espazos inspiradores e acolledores para outras é marabilloso."
Claudia T.