Se es desas persoas que estaría todo o ano de campamento…
Se sabes que o tempo libre é moito máis que un traballo; é unha forma de vida repleta de intensidade, emoción e momentos máxicos…
Se queres seguir formándote e tes interese pola xestión e a coordinación de equipos…
A Escola de Tempo Libre Aventeira imparte o Curso Oficial de Director/a de Actividades de Tempo Libre, titulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, neste outono do 2026.
Do 17 de outubro ao 13 de decembro.
O espazo principal de realización do curso será a nosa aula, situada no C.C. O Ventorrillo, Planta 1, Local 3, na cidade de A Coruña.
As Liñas 7, 12A e 14 do bus urbano da cidade paran moi preto! Aínda que hai dispoñibles zonas para aparcar, recomendamos compartir coche ou usar transporte público.
As prácticas realízanse unha vez rematada a fase teórico-práctica, e xestiónanse directamente desde a propia Escola. Encargámonos de ofrecerche diferentes opcións para que poidas realizalas, aínda que tamén tes a liberdade de buscar ti mesma/o unha entidade onde facelas. Dispós dun prazo de ata 2 anos para rematalas.
Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte online.
1/ Estar en posesión do Título Oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.
2/ Posuír, como mínimo, un Título Oficial de Educación Secundaria (ESO ou equivalente).
3/ Acreditar unha experiencia previa como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, polo menos, 250 horas, ou como integrante dun equipo en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois de ter obtido o Título Oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.
25
O prazo de inscrición remata o 1 de outubro.
Existe a posibilidade de recibir unha bolsa que cubra o custe parcial do curso. A apertura do sistema de bolsas está supeditada ao número de prazas cubertas e o seu número é limitado. Ademais, o seu desfrute está vinculado á realización dun voluntariado nun número de horas equivalente ao subvencionado, nunha entidade da túa elección.
Se tes interese nesta cuestión, coméntao no formulario de inscrición. Se conseguimos un número de participantes suficiente para financiar as bolsas, porémonos en contacto contigo.
1/ Cobre o formulario de inscrición.
2/ Realiza o ingreso correspondente á matrícula do curso:
3/ Envía o resgardo do ingreso ou da transferencia na conta ao e-mail escola@aventeira.com.
Poñerémonos en contacto contigo, a través de correo electrónico, dúas veces. Unha primeira para confirmar a recepción da inscrición e do pago, e unha segunda para confirmar a celebración do curso, darche información práctica e pedirche algunha documentación.
Tes algunha dúbida sobre o curso ou precisas máis información? Estamos aquí para axudarche!
Podes contactar con nós chamando ao teléfono 722 349 497 ou a través do correo electrónico escola@aventeira.com.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise de navegación das persoas usuarias e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar “Aceptar” consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando AQUÍ ou ben coñecer como cambiar a configuración pulsando en “Configurar Cookies”.
