Quenda 2. Día 6. Balneario de augas negras

Quenda 2. Día 6. Balneario de augas negras

Día de moita actividade en Espiñeira. Mañá e metade de tarde con actividades en rotación, coas que finalizamos o período de rotacións en pequeno grupo.

Tamén e debido á acumulación de cansancio xa nestas alturas de campamento, puidemos aproveitar tempo libre para xestionar algún descansiño necesario, os que quixemos, claro. As demais, puidemos aproveitar tamén o tempo coas opcións que temos neste espazo; xogos de mesa, zona chill-out, material de circo, pelotas…

Tamén, como opción na zona chill-out, puidemos aprender un pouquiño acerca da lingua de signos.

Para rematar a tarde, puidemos asistir ao “Balneario de augas negras”, xa que o bo tempo voltou logo dun par de días regularciño.

Pasando por diferentes estacións, puidemos refrescarnos, ensuciarnos, lavarnos… de maneira amena e divertida.

1 Comment

  1. Miriam

    Carai, menudo fiestoon!!!! Enhorabuena por ese equipazo que consigue mantener a eses pequeños aventureros en el campamento y con alegría. Graciaaasss!!!!¡¡¡

Comments are closed