Quenda 1. Día 5. Días grises, corazóns alegres

amizade

Pois o tempo anda un pouco revolto e o sol non se deixa ver moito estes días polo que no ceo predomina o gris. Aínda así e todo aquí a ledicia infantil ábrese camiño sen problema ningún cunha algarabía permanente que reina sobre o campamento e que é máis forte o fino orballo que apenas molesta.

Sen dúbida podemos dicir, e sen medo a trabucarnos, que aquí aínda que non luza o sol temos un bo clima de campamento cun anticiclón permanente de ledicia e amizade.

As actividades seguen o seu curso para disfrute de todas e todos mentras agardamos pola volta de Lorenzo. Hoxe tivemos tiro con arco, orientación, expresión corporal, autoestima e moito xogos!